TAREFA 3- A OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

QUERO O NOVO IPHONE, MAMÁ!

Cantas veces tiramos ao largo da nosa vida cousas que siguen funcionando pero que aínda así decidimos cambiar? A resposta é sinxela, moitas. Quizais esa resposta poda cambiar se llo dicimos aos nosos pais ou tíos, pero para os nosos avós sería algo case impensable. Iso é do que trata a obsolescencia programada.

A obsolescencia é a vida que pode ter un certo aparato ata que queda obsoleto, inservibel. Pero é moi difícil atopar hoxe en día aparatos, sobretodo tecnolóxicos que non poidan funcionar ao 100%, senón que antes de que iso pase, temos a tendencia de cambialo por outro novo, mellor, con máis servizos ou prestacións... iso é a obsolescencia programada.

A obsolescencia programada pode ter dúas vertentes: a primeira é a que describíamos antes, a vida que lle damos a un aparato, frecuentemente, antes de mercalo. Se miramos atrás, podemos decatarnos de que nalgún momento pensamos:" Este móbil vai durar 2 anos" antes de pensar se en realidade ese teléfono seguirá funcionando perfectamente cando ese tempo pase. Aínda que ese termo é mellor chamalo obsolescencia psicolóxica ou de desexo. 



 Por outro lado, temos a vida que os fabricantes establecen para cada aparello, como se tivese unha data de caducidade. Isto consígueno grazas á adicción de diferentes programas en chips dentro das baterías ou das memorias ram, do CPU, ou incluso añadindo un sinxelo microchip que fai que ao paso do tempo, algunha das principais funcións quede inservibel.

Os casos máis famosos de esta calidade son os de Epson e as súas impresoras, as cales teñen incorporado un chip que fai que deixe de funcionar algunha función. Eu sufrín as consecuencias disto: un día, de súpeto, a impresora comezou a imprimir a raias, e os documentos non se veían nada ben. Cambiei o cartucho, pero a cousa ía a peor. Ao final tiven que tirar con ela, a súa reparación costaba máis que unha nova. Tamén foi sonado o caso de Apple cos Ipod en 2003. A empresa tiña configurado os seus aparellos para que a batería non durase máis de 18 meses, e tiveran que mercar o seguinte modelo ao ano seguinte. A empresa foi denunciada, e incluso fixeron unha película sobre isto, e tiveron que deixar de facelo. A película-documental, chamada Comprar, tirar, comprar (2010) foi todo un éxito. Déixovos aquí o documental por se é do voso interese:


A práctica desta medida por parte das empresas ten só unha motivación, gañar máis diñeiro. Aínda así, na sociedade na que vivimos non creo que faga falta continuar con esta practica, a maioría da poboación está sumida na obsolescencia psicolóxica, todo o mundo está enganchado  a mercar o

producto máis novo só porque cada ano engádenlle novas características, por ínfimas que sexan.

Eu declarome víctima disto, porque aínda que non mo podo permitir, gustaríame poder mercar o novo modelo de cada iPhone en cada setembro, ou cada iPad cada vez que saía un novo, pero téñome que aguantar e respirar fondo para facerme á idea de que iso non vai ocorrer (ata que seña rico). Baixo a miña opinión, a sociedade corrompenos e vémonos obligados a mercar o mellor modelo, para non quedar atrás.

Pero isto ten graves consecuencias. Está claro que no mundo no que vivimos, a produción de basura é unha calidade en auxe, e sobretodo se falamos de productos tecnóloxicos. Cada familia de 4 persoas xera ao redor de 2 kg de basura diaria, isto xera millóns de toneladas de desperdicios ao ano, pero os residuos tecnóloxicos corresponden 50 millóns de toneladas de basura, unha cifra que máis que asombrosa, invita a reflexionar. 
É cal é a principal consecuencia de isto? Os vertedoiros en, países menos desenvolvidos ou con leis contra o cambio climático moi laxas. A maioría destes vertedoiros atópanse en África e en China. Déixovos un enlace a un libro en galego que lin en primeiro da ESO que aborda estes temas: Exogamia 3.0

Aínda así, moitas iniciativas como as empresas que promoven a economía circular, como Mazzin, gañan cada vez máis relevancia no mercado. Pois o uso de Wallapop, Vibbo, Vinted... é un mercado en auxe que non fixo máis que comezar, e eu creo que é algo que pode invitar á esperanza.

Está claro que hai moitas cousas que teñen que cambiar na nosa sociedade e na mentalidade empresarial, empezando pola obsolescencia psicolóxica e a programada . É moi común escoitar falar sobre que os políticos non fan nada sobre o cambio climático (que ten certa parte de verdade), pero cada un de nós ten que aportar tamén o seu grao de area, que en conxunto, faría moito.
Gustaríame saber a vosa opinión sobre o tema que abordamos neste post do noso blog, así que anímate a escribir algo nos comentarios!
Vémonos pronto!

Por certo, non sei se vos fixastes de que o nome do blog cambiou. O anterior nome nunca me gustou, e ademais foi xerado de forma aleatoria por unha páxina web. Pero non sabía que poner, pero de cada experiencia sácase unha reflexión, que se reflexa no nome do meu blog.

Comentarios

Entradas populares