TAREA 15- MARCAPÁXINAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola a todos de novo!!

Esta semana tivemos que facer un deseño para conmemorar o Día das Letras Galegas 2021, sendo esta a razón pola que adecamos esta entrada do blogue a este idioma.

A persoa que se homenaxea é Xela Arias, unha importante escritora lucense nada en 1962 e finada na cidade olívica no 2003. Foi unha importante figura do feminismo no noso país, ademais dunha gran escritora, publicando libros como Denuncia do equilibrio ou Contos eróticos. Foi tamén unha tradutora con moita carreira, traducindo obras dunha morea de autores e autoras. 


A parte deste recoñecemento, acumula outros premios e distincións, por exemplo, no 2019 cando en Redondela decidiron denominar a súa biblioteca co nome da escritora.

De todas formas, déixovos un vídeo dun amigo meu onde explica moi ben e de xeito dinámico e divertido os trazos máis característicos da autora: 


O vídeo foi realizado na asignatura de TIC no IES Canido.

Pero, sen máis dilación, ensínovos o meu deseño: 






Pero, como se fixo e como decidin decantarme por este modelo?

O marcapáxinas segue o modelo dunha pinza ou clip, que está pensada para ser colocada na páxina do libro que se estea a leer. Pola súa natureza de marcapáxinas, o seu espesor é de 2mm, pero ten diferentes relevos, pois como se pode apreciar na foto, as letras están perforadas, e a cara está algo levantada.

O deseño segue un patrón sinxelo e minimalista, pois atendendo ás tendencias actuais, preferín deixar libre unha boa parte do marcapáxinas e non sobrecargalo de elementos. Dese modo, podemos atopar neste o nome da autora homenaxeada, o acontecemento a celebrar e o nome do lugar onde foi creado.

Ademais, engadimos a cara de Xela Arias dun xeito abstracto. En primeira instancia, intentei recrear maís ou menos á perfección a face da autora, pero, sen querer, saíu ese deseño. Quedeime abraiado ao velo, pero encantoume. É unha mistura entre o deseño abstracto e as creacións de Picasso.

Así que aquí remata esta ardua tarea desta semana. Espero que fora do voso agrado, pero vémonos a semana que vén!

Comentarios

Entradas populares